Homeschooling Spain Homeschooling Spain Homeschooling Spain Dejemos de ser un murmullo

lunes, 28 de marzo de 2011

Cando ensinar na casa se convirte nun delito

Un artículo de Sechu Sende en Galicia confidencial
Sechu Sende es escritor y profesor de instituto


~~~~~ o ~~~~~

Cando ensinar na casa se convirte nun delito

O Homeschooling ou 'Educar en casa' está en perigo de desaparición no país tras a aprobación da Lei de Apoio á Familia e á Convivencia por parte da Xunta de Galicia. Unha información elaborada por Sechu Sende.

O Homeschooling consiste en levar adiante o proceso educativo dos fillos e fillas fóra das institucións educativas, tanto públicas como privadas. Recoñecida na maioría dos países europeus como unha opción legal, identificada mesmo como educación de cualidade, o anteproxecto da nova Lei de Apoio á Familia e á Convivencia da Xunta de Galicia pasa a calificar a desescolarización como unha situación de “desamparo”. Actualmente esa situación calificase com de “risco”.

Segundo nos informa unha homeschooler galega que prefere manterse no anonimato, a policía autonómica, a instáncias da Inspección educativa, está a entrevistar diferentes famílias de homeschoolers na Galiza, segundo o protocolo absentista,


Retirada da custodia

Logo de seren denunciadas –nalgúns casos- no Teléfono do Menor, as autoridades soen informar da posible retirada da custódia, aínda que o absentismo escolar, na Lei da Infancia en Galicia 2007, non se considera unha situación de desamparo que leve á asunción da tutela do menor (capítulo II, sección I, artículo 17), polo que as familias se sinten ameazadas.

Cumpre sinalar que hai tres familias intervidas na Galiza, máis de vinte no estado español.

No ano 2008 formouse o grupo Educar na casa, que reúne arredor de 20 familias galegas que naquela altura elixirom esa alternativa para a educaci ón dos seus fillos e fillas. Na actualidade estímase que mais de trinta famílias educam na casa no noso país.

Em decembro de 2010 unha sentenza do Tribunal Constitucional español denegaba a potestade de dar aulas aos seus fillos no fogar a dúas famílias de Málaga e, aínda que en internet desde a Asociación para a Educación Libre explican que a sentenza “só afecta a dous casos concretos e nom se pode xeralizar”, o certo é que a preocupaçom das nais e pais galegos está a medrar. “Esta sentenza aumentou a nosa preocupación, aínda que o feito de que se limiten liberdades deberían peocuparnos a todos nós”, asegura a nosa informante, que continúa explicando: “Esta sentenza fai unha interpretación moi restrictiva do artigo 27, tan restrictiva que limita a liberdade dos pais de elixir a educación para os seus fillos” .


Vivir con "normalidade"

Ao mesmo tempo que as familias galegas queren vivir con "normalidade" esta alternativa educativa internacionalmente recoñecida procuram apoios e alzan a voz para denunciar o acoso ao que están a ser sometidos por parte das autoridades, na última semana forom arquivados tres casos: em Gasteiz, Iruña e Granada.

Na súa defensa, o movemento Educar na Casa expón que, segundo a Constitución española, no artigo 27, apartado 1: “Recoñécese a liberdade de educación”;  ou que na Declaración Universal dos Direitos Humanos: “Os pais terán direito preferente a escoller o tipo de educación que haberá de darse aos seus fillos.”
~~~~~ o ~~~~~
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...